viernes, 16 de abril de 2010

NON PENSEDES QUE TODO FORON CONTOS...


tamén traballamos moito e moi ben.

Os de 5 anos, como son os maiores, seguen coñecendo personaxes que viven en Letrilandia. Esta semana tocoulle o turno ao filloeiro f, que ademais é o fareiro e o faroleiro. Fareiro porque coida que os barcos que se achegan á costa non choquen contra as rochas e como ademais é tan alto, cando se está a facer de noite, acende todas as farolas para que ninguén caia. E como lle saen tan ben as filloas, na súa honra, todos os anos no país das letras se celebra a Festa da Filloa.

Estades todos convidados.


Xa poucos personaxes lles quedan por coñecer, teñen o seu mural cheiño de letras.


Mentres, @s de 4 anos están comezando a coñecer as letras. Xa coñecen á familia real e ao pasteleiro p. Tamén pola letra p comeza a PRIMAVERA, que chegou á súa clase cheiña de flores.

Algunhas destas flores son silvestres como a LAVANDA, que lles ensina a súa mascota Xico. É unha planta aromática que se emprega en ambientadores, fragancias. Coa axuda das tesoiras, van facer un quebracabezas de 4 pezas e logo volvelo a completar.





Por quendas, xogamos no ordenador co producto cartesiano con flores e as súas cores.

E por fin, que sería unha primavera sen insectos? Pois, os insectos atópanse na clase de 3 anos, sendo a protagonista principal a bolboreta do mural e as abellas que son as súas amigas. Pero para que nos se sinta moi soa, @s nen@s están facendo moitas bolboretas para que poidan voar todas xuntas.






No hay comentarios:

Publicar un comentario