jueves, 15 de abril de 2010

A PARTE QUE FALTABA...

da visita da fábrica de contos chamada KALANDRAKA.

Ademais do conto do MAGO GOMA, tamén nos contaron o CROCODILO NAMORADO.



Hai moitos días que Crocodilo está inquedo. Ás veces ten frío, ás veces ten calor, ás veces está moi triste...

Queredes saber o que lle pasa?
O que lle pasa é que está namoradoooooooooooo.

Pero a súa namorada é unha xirafa moi, moi, moi alta.

O resto da historia tócalle contala aos nen@s. Xa veredes que chula é.


E despois un conto sen fin.





MIRA QUE MIRA MIRANDO,

ATOPEI UN BECHO ESTRANO,

COA FEITURA DUN OVO:

GORDO ARRIBA, ABAIXO FRACO.

TIÑA POR RIBA DOUS PÉS,

ENTRE OS PÉS, UN LONGO RABO...


E NÓS, TOD@S ATENT@S PARA NON PERDER PALABRA.







E COMA CALQUERA FESTA QUE SE PRECIE, A NOSA REMATOU CON MÚSICA E BAILE.



e para saír tocamos ó acordeón.

No hay comentarios:

Publicar un comentario