martes, 12 de octubre de 2010

CO HORARIO DE OUTUBRO...

comezaron as clases pola tarde, e polo tanto, a siesta d@s nen@s de 3 anos. Despois de poñer o mandilón e ter o coxín, a alfombra quedou cheiña de nen@s que ían descansar mentres escoitaban unha música relaxante. As fotos foron feitas o luns, 4 de outubro.



Pero non todo foi durmir, tamén traballaron e moi ben, coloreando un sol, para que o outono se lembre de que tamén queremos sol e bo tempo.

E o venres, despois da clase de psicomotricidade, celebramos que PAULA cumplía 3 anos.


Os de 4 anos, que agora se atopan no piso de arriba, andan a coñecer ao rei u, que sempre ten un acio de uvas na man. Por iso, cada un deles fixo o seu propio acio de uvas con plastilina.






E @s de 5 anos, como son @s maiores, están a coñecer ao panadeiro p, e están a traballar moi, moi ben. Tamén fan quebracabezas que primeiro pintan, recortar e despois volven a construír.




No hay comentarios:

Publicar un comentario