jueves, 14 de octubre de 2010

DURANTE ESTA SEMANA...

@s nen@s da profe Lupe estamparon a pegada da súa man con témpera de cor vermella.

E despois de limpas as mans puxéronse a cantar unha canción onde por suposto, había que bailar, sacudir, aplaudir, subir e baixar as mans. Aquí tedes o enlace para o POPURRÍ DE LAS MANOS para que tamén o fagades con eles na casa.

Os nen@s de catro anos fixeron unha letra u moi especial.Primeiro con tiza, logo andivemos o camiño e finalmente entre tod@s construimos unha gran letra u.
Despois fixemos tamén o trazo nunha ficha, primeiro co lápis e logo co rotulador.








E tamén coñecemos a obra dun pintor chamado Mondrian e convertemos a clase nun gran museo. Comezamos vendo este vídeo onde aparece a súa obra e logo preparamos as pinturas e os pinceis e mans á obra.



E para que o museo tivera tamén multitude de retratos @s nen@s de 5 anos dánlle a benvida a súa mascota Pepa, facendo un debuxo de si mesm@s, construíndo unha galería de 21 retratos. Por suposto, a súa mascota está moi pero que moi contenta cos debuxos de tod@s eles e dalles un bico moi forte. Que vos parecen a vós?


No hay comentarios:

Publicar un comentario