viernes, 10 de diciembre de 2010

UNHA PREGUNTIÑA...

Sabedes que en Galicia temos un personaxe en Nadal que realiza o mesmo traballo que Papá Noel e Os Reis Magos?
Trátase dun vello carboeiro que viña dende as montañas de Lugo a apalpar nas barriguiñas e tamen traerlles castañas quentes aos cativos hai moitos, moitísmos anos, antes de que chegaran de terras lonxanas Papá Noel ou Os Reis Magos.
Este importante persoeiro chámase O APALPADOR e neste Nadal ven con moitas ganas de repartir moitas ilusións. Hai vilas e cidades onde se está a intentar revindicar a súa figura. Se vos queredes unir á celebración consultade o seguinte enlace : ai ven o apalapador


Xa para @s nen@s atopamos o conto O APALPADOR, que o podemos ler en liña ou convertilo nun fermoso agasallo publicado por Biblo, escrito e ilustrado por Xoán G.


Grazas a María por lembrarnos a existencia deste personaxe.

No hay comentarios:

Publicar un comentario