Mostrando entradas con la etiqueta Nadal. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Nadal. Mostrar todas las entradas

jueves, 10 de enero de 2019

MERENDOLA DE NADAL CUNS MASTER CHEF ESPECIAIS.

Último día de clase do primeiro trimestre...unha sorpresa agardaba aos peques do cole.
 Era un día de festa que se converteu en algo especial, xa que eles foron os encargados de preparar o menú. 

Aguisados sen envidiar a ningún chef, todos se converteron en chefs por un día e encantoulles participar na elaboración dos seus "menús infantís".


Primeiro elaboraron os seus bonecos de neve que logo levarían para casa como lembranza deste día de festa. 
Así comezou a "Primeira Edición CS Infantil Master Chef".













A continuación, os nosos ávidos chefs prepararon unhas deliciosas piruletas de Nadal. Un segundo prato que pouco durou nas mans de todos...estaban boísimas!!


















E rematamos a festa con zumes, patatas, gusanitos e pelotazos.











domingo, 23 de diciembre de 2018

FESTIVAL DE NADAL 2018.

Rematado o primeiro trimestre do curso quixemos celebralo con todas as familias. Para iso adornamos as estancias da Casa da Cultura e preparámonos para actuar.



Comezamos visionando un vídeo elaborado con fotos onde os peques estaban peculiarmente adornados: con lentes de reno, árbore de Nadal, boneco de neve...todos e todas estaban guapísimos.









Logo comezamos coas actuacións.
Primeiro tocoulles o turno aos nenos e nenas de cinco anos que contaron e dramatizaron con títeres o conto "El muñeco de jengibre".










A continuación, os nenos e nenas de catro anos bailaron a ritmo de twist...










Os peques de tres bailaron con marcha a canción "A casa da miña avoa", cada un caracterizado dun animal.













E todos conxuntamente, cantamos un clásico nas nosas aulas de Nadal: a panxoliña "Tres pastelitos".

Este ano incorporamos na nosa actuación unha panxoliña de Nadal "Ala, ola, ala" que ademais de cantar, a signamos con algúns xestos da linguaxe de signos.












E algúns vídeos das actuacións para que queden nas lembranzas...




Grazas pola vosa presenza neste día tan especial para os peques. Desexarvos que pasedes BO  NADAL  e que a maxia da comunicación reine para todos no ano 2019.



viernes, 24 de diciembre de 2010




cando queda tan pouco para a visita de Papá Noel e non atopades o xoguete que vos pediron, non vos preocupedes. Existe un almacén de agasallos perdidos. So tedes que entrar nel. Como se entra? Moi sinxelo. Pincha enriba da imaxe. Podémolo empregar en Papá Noel e tamén cos Reis Magos e personalizalo co nome do nen@ e coa súa foto.


Dende aquí os mellores deseos e agasallos para tod@s vós: pais, nais, nen@s, profes e demais seguidores do noso blog. Darvos as grazas. Pensamos que Papá Noel vainos traer chegar a 9000 visitas e algún ou algunha seguidora máis.
Bicos das profes de infantil.

miércoles, 22 de diciembre de 2010

ONTE POLA MAÑÁ



TODOS PREPARADOS PARA MERENDAR



E TRAS MERENDAR UNHA VISITA MOI ESPECIAL



Durante as vacacións iremos colgando no blog todas as fotos. Isto so é unha pequena mostra. Mentres, se tedes un chisco de tempo podedes escribirlle a carta ao Apalpador. El aínda non coñece internet, e polo tanto, toca escribir. Se non se sabe so, coa axuda dos papis.