miércoles, 6 de marzo de 2013

Canto aprendemos!

A piques de rematar o segundo trimestre, os peques de 3 anos están moi familiarizados co cole e gústalles disfrutar dos traballiños que teñen unha morea de cores, como este exercicio de grafismo libre onde o que hai que facer e facer pegotes de cores, cantos máis mellor.


Despois algo un chisco máis serio, facer series, pero que mellor que facelas nós mesmos. Primeiro serie neno-nena-neno, e despois levantados e deitados. Non che é nada raro que despois a ficha quedara tan ben. Están feit@s uns campeóns. Como premio, xogamos co ordenador facendo series ( pinchade enriba da imaxe coma sempre)



2 comentarios:

  1. Me encanta este grafismo. Me lo guardo. Un saludo

    ResponderEliminar
  2. El grafismo genial y las series ... las han hecho muy bien. Si es que ya van mayores. Un beso.

    ResponderEliminar