martes, 28 de mayo de 2013

O conto de 3 anos tamén está rematado...

aínda que como son poucos estivo na casa de cada peque 2 días. Hoxe entre todos fixeron o final e mañá voltara de viaxe a visitar todas as casas. Simplemente darvos as grazas pola vosa colaboración e participación.

 


Tamén hai outro conto que comezamos nós xa hai algún tempo, pero que vai realizar unha viaxe moito máis longa. Todo o cole participou e van ser  os nenos do cole de Senegal os encargados de  ilustralo. Tamén eles están a facer un e nós nese caso poñeremos os debuxos. O protagonista do conto é unha estrela que inicia unha viaxe moi lonxe, polo universo, acompañada pola súa amiga a lúa. Nun deses viaxes chegan á terra, e máis concretamente, ao Carballiño e coñecen o noso cole. Estamos á espera de que chegue o conto e tamén ver como rematan. Xa teredes novas!

 

5 comentarios:

  1. Estou desexando ver o conto completo.¡¡¡¡Que ilusión!!Seguramente quedou precioso.Un bico.

    ResponderEliminar
  2. que ganas de ver o conto dos nosos pequenos, que imaxinacion non falta nesas cabeciñas...grazas por darnos a oportunidade de poder compartir actividades con eles, por que a eles faille moita ilusion pero eu creo que os pais nos fai moita mais.

    Bicos a todas e que teñades un fermoso dia de excursion mañan que parece que xa ven o bo tempo.

    ResponderEliminar
  3. Xa tiñamos ganas de ver cómo quedou ese maravilloso conto. Moitas grazas por propoñer estas actividades cos nenos, porque o pasamos pipa facéndoo con eles. Bicos

    ResponderEliminar
  4. Que razón tendes. A verdade é que foi unha actividade moi divertida e que nos fixo moitísima ilusión a todos. E o mellor agora será ver o resultado final, que estou segura que quedou fenomenal!!! Moitas gracias profes.
    Pásadeo moi ben na excursión de mañá. Bicos.

    ResponderEliminar
  5. Te moiii boa pinta :) e a verdade e que si, disfrutamos tanto os papis como os peques :) son uns artistiñas

    ResponderEliminar