jueves, 10 de octubre de 2013

Comezamos a aprender cousas das abellas.

Despois de toda a axuda recibida é maís doado levar a cabo un proxecto. De novo damos ás grazas ao claustro blogs e a todos os blogs amigos.
Comezamos xa uns días dicindo que trouxeran da casa o que tivesen das abellas. Se non o tiñan non pasaba nada que de igual xeito íamos aprender moitísimas cousas das abellas. Amodiño foron chegando á nosa clase cousiñas moi interesantes.


Libros de contos, adiviñas, de animais, tamén debuxos, adiviñas feitas cos peques, unha abella de fieltro e tamén o rico mel e un anaco dun panal. Grazas papis pola vosa colaboración e axuda!

No libro de contos e fábulas atopamos o conto A ABELLA FOLGAZANA, que usamos durante a hora de estimulación da linguaxe, apoiado polo vídeo e completado cunha ficha.


E hoxe pola tarde, despois de ir sabendo un chisco máis, aprendemos que son todo o contrario da abella do conto. Son moi, pero que moi traballadoras e o que é máis importante, traballan en equipo.


E chegou a hora de ver as celas dunha colmea máis de cerca e probar o mel que hai dentro de cada unha das celas. Tamén experimentamos como cheira e probamos o mel do tarro. Houbo a quen lle gustou e outros polo menos o intentaron.


A nosa mascota Pepa está encantada con todo o que estamos a aprender sobre ela. Adicaremos todas as tardes do xoves ao proxecto. Aínda queda moito por andar!

8 comentarios:

  1. Pero xa vexo que empezáchedes ben forte co proxecto! O rincón quedouvos xenial, seguro que disfrutaron moito do conto e dos videos pero sobretodo do mel Non si? Unha aperta.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Estámolo pasando bomba! O mellor é que aprendemos tod@s! Bicos e de novo grazas.

      Eliminar
  2. Vese que o voso proxecto arrincou con moitos folgos, e os peques aprenden moito das abellas. Noraboa e a seguir así de ben.¡Biquiños!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Esperamos seguir con folgos e moito máis! Grazas Dolores. Un bico.

      Eliminar
  3. Nos andamos na casa a argallar unha cousiña das abellas para o cole :) non sei como quedará o resultado final pero si que o estamos pasando xenial facendo e que estas duas pulguiñas me están dando unha gran lección sobre as abellas :)

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Quedou preciosa! Noraboa por un traballo tan chuli. Bicos cheos de mel para as tres.

      Eliminar
  4. Vaia recuncho máis completo e vaia experiencia. De seguro que o pasarán xenial con este proxecto. Bo día

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. O recuncho pouco a pouco vai tendo máis cousiñas. De momento o proxecto vai xenial! Esperemos que non cambie. Bicos.

      Eliminar