Etiquetas interesantes.

jueves, 23 de enero de 2014

Que é a metamorfose?

É a transformación que sofre o organismo de certas especies animais durante o seu desenvolvemento, pola que cambian de forma, adquiren novos órganos ou perden outros. Dito así sona un chisco complexo para os nosos peques, pero se llo explicamos con casos concretos como as ras e as abellas enténdeno de marabilla, ademáis os nen@s de cinco xa coñecen a metamorfose do verme da seda. A ra Pacuala como todas as ra naceu sendo un cágado e rematou convertida nunha ra.


Como nos chegaba con iso, quixeron facer un experimento para saber que se sentiría sendo ra, como sería a súa pel.

Mentres, no piso de arriba, os de 5 anos traballaban aprendendo o ciclo da vida dunha abella, pq tamén a abella se tranforma de ovo a larva para rematar sendo unha abella.


Despois tocou traballar en equipo. Diso saben unha morea as nosas amigas as abellas.

Nesta estación do ano non podemos ver a ningún destes animais. A ra é un animal que hiberna, dorme todo o inverno como os osos, as bolboretas, as serpes ou os morcegos. A abella non hiberna, permanece dentro da colmea sen saír. Teremos que esperar a que chegue a primavera para poder velos de novo.

 

4 comentarios:

  1. As dúas fichas fenomenais, profes e que dicir do traballo en equipo ... da gusto velos. Xa nos amosaredes o resultado final :) Un biquiño.

    ResponderEliminar
  2. Que concenterados e canto aprenderon :) un besiño profes e feliz fin de semana

    ResponderEliminar
  3. Están aprendiendo mucho. Un beso.

    ResponderEliminar
  4. É incríble moito que aprenderon das rás.Eu tamén aprendín cousas que non sabía .Biquiños

    ResponderEliminar

Related Posts with Thumbnails Gracias - Mensajes y Imágenes!