Mostrando entradas con la etiqueta 2º trimestre. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 2º trimestre. Mostrar todas las entradas

lunes, 8 de enero de 2018

Comezamos o segundo trimestre...cunha sorpresa moi especial.

De volta ás aulas os mandilóns vermellos, verdes e laranxas tiveron unha grata sorpresa. Resulta que como se portaran tan ben, Papá Noel e os Reis deixaran nas aulas agasallos para tod@s. Só queda compartilos e desfrutalos na compaña dos amigos e amigas.






domingo, 12 de marzo de 2017

Semana da prensa.

Esta semana estivemos de dobre celebración...e tamén tocou traballar coa prensa na escola. Como os máis peques do cole xa comezan a coñecer as letras do seu nome, tocou buscar en xornais e revistas cada un as súas letras para compor o nome. Ollade que ben o fixeron!



Outro día tocou traballar coas imaxes. Primeiro cada un elixiu a que máis lle gustou e comentouna. Posteriormente cortámola en anacos e compuxérona coma se de un puzzle se tratara.



Un dos xogos que máis lles gustou esta semana foi o de compor o seu nome. Están feitos todos uns "expertos" na materia. Aquí vos deixamos as súas primeiras "rúbricas".



martes, 31 de enero de 2017

Mañá de arte na aula de tres.

Os peques de tres anos traballaron esta mañá coa profe Noe o expresionismo abstracto de Paul Jackson Pollock. Primeiro tocou explicar o traballo para despois poñerse mans á obra co pincel, a témpera e o papel. Foi toda unha aventura fascinante pintar como o facía este pintor expresionista estadounidense. Unha vez rematadas as súas obras de arte, chegou á hora de bailar na alfombra.
Aquí vos deixamos as fotos...son todos uns artistas!















lunes, 30 de enero de 2017

Trinta de xaneiro, día da paz..........."baixo o mesmo sol"

Hoxe tocou celebrar no cole o día da paz. O Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares propuxo que cada familia decorase unha viseira ou gorro con motivos da paz.
Moi guapos coas nosas viseiras postas xuntámonos na aula de psicomotricidade para cantar a canción de Álvaro Soler titulada "Bajo el mismo sol". Ademais, fixemos traballiños na aula e en equipo.
Agradecer tamén ás familias todo o esforzo adicado para que os nenos e nenas puidesen lucir unhas viseiras que piden... PAZ.





























Cumples de xaneiro

Este mes celebramos cumples na clase de tres e na clase de cinco. Moitos parabéns a todos eles, pois son os maiores dos cursos!!





sábado, 14 de enero de 2017

Comezamos o segundo trimestre...traballando co 2


Os peques de tres anos comezan o trimestre iniciándose no número dous. Primero vivenciaron o número bailando e agrupándose por parellas; logo traballaron a cantidade coa plastilina facendo dúas bolas e por último realizaron a ficha do número dous.
Acabamos de comezar a traballar con este novo número, pero son todos uns campións!!





jueves, 17 de marzo de 2016

Traballos de Pascua.

Para facelos empregamos todo tipo de técnicas: o picado, o pintado, o recortado, o dobrado e no caso dos máis peques fixeron un ovo de chocolate empregando nocilla. Todos chegarán mañá ás casas para desexarvos a tod@s unhas moi FELICES PASCUAS!!!!








miércoles, 16 de marzo de 2016

Lembrades a nosa selva?

Na nosa selva habitaban elefantes moi singulares. Para que non estivesen tristes achegaron a visitalos uns leóns moi especiais. Todos conviven en perfecta harmonía.







martes, 15 de marzo de 2016

DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DO CONSUMIDOR


     O 15 de marzo celébrase este Día Internacional. Para celebralo no cole, os nenos e nenas de cinco anos recopilaron de distintas revistas aqueles produtos que se mercaban na súa casa. Unha forma lúdica de inicialos no consumo responsable.


jueves, 10 de marzo de 2016

Traballamos coas formas xeométricas.

Os peques de tres anos debuxaron a figura humana a partir dun círculo e un cadrado que picaran antes.



Os de catro como andan no Polo Norte a partires dun rectángulo e de moitos cadrados e rectángulos de papel de seda azul fixeron o xeo para que as focas estiveran moi pero que moi contentas, facéndolle compañía a Patoca.