viernes, 21 de febrero de 2014

O Entroido é o que ten!

Moitas cousiñas para facer e por iso o blog estivo abandoado durante toda a semana. Non quere dicir que estivéramos aburridos e sen facer nada. Todo o contrario, xa que da man das nosas mascotas aprendemos unha morea de cousas dos indios, dos piratas e dos exipcios. Aquí tedes unha pequeniña mostra do que andiveron facendo os de 3 e 4 anos. 

Experimentamos coa pegada da nosa man e conseguimos facer.....UN INDIO!



Os de 4 anos, como bos piratas coñeceron a diferencia entre un barco de vela e un barco pirata. Construiron un de cada e fixeron experiencias coa flotación e sobre a importancia do aire para que estas embarcacións se poidan mover.




Os de cinco emprenderon unha obra faraónica. Como xa tiñan unha gran pirámide dicidiron facer o sarcófago do faraón. Despois cada  un fixo a súa pirámide para levar para a casa.



12 comentarios:

  1. Preciosa entrada.
    Un saludo de Gracia

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Lo mejor es lo bien que se lo pasaron haciéndolo. Un saludo.

      Eliminar
  2. Qué chulada todo!!!! Qué ben traballan est@s nen@s.....A semana que ven vanno pasar xenial!!! Feliz entroido profes!!!Bicos

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. A semana próxima vai a ser o máis divertido. Agora a pensar nos complementos para o Meco. Bicos.

      Eliminar
  3. precioso todo, menudo trabajo y un resultado fantástico. un abrazo y buen finde.

    ResponderEliminar
  4. Que boísimo traballo fixeron todos! Encántame! Noraboa aos artistas. Unha aperta.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Merecen un dez. Para nós son os mellores. Bicos, Ana e moitas grazas. Seguiremos o teu blog para ver con que nos sorprendes este Entroido.

      Eliminar
  5. Encántanme todas a s actividades, ¡canto traballastes! pero o indio gustoume especialmente, quedou xenial!! Unha aperta!!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Diso se trata, Dolores, de aprender continuamente. Que che imos dicir a ti! Un bico.

      Eliminar
  6. !Me uno a los anteriores comentarios!...unas actividades muy chulas y resultonas. Un beso.

    ResponderEliminar