jueves, 6 de marzo de 2014

O home do saco.

Hoxe pola tarde recibimos unha visita. Viñan a contarnos un conto!
O conto titulábase O APRENDIZ DO HOME DO SACO.
Pensaba algún que ser home do saco era sinxelo? Pois estades moi equivocados.
Como o home do saco estaba enfermo quería que o seu fillo fixera o seu traballo, pero para facelo ben tiña que ter en conta que os nenos e as nenas son moi listos, entón tiña que:
1. Correr moi rápido.
2. Montar en bici.
3. Saber nadar moi ben .
4. Ser moi fortes.
E fundamental, buscar lugares onde houbera nenos. Visitou o zoo e o parque pero non atopou ningún. Preguntou e a resposta era moi sinxela, os nenos e nenas estaban no cole. E para alí marchou. Saltou para o patio pero tampouco estaban e mentres esperaba decidiu esconderse tras unhas pedras. Esperou, esperou pero quedou durmido. Sonou o timbre e co susto cae dentro do saco. Os peques ao velo decidiron darlle un escarmento, asi que o máis forte deulle un punteirolo que o home do saco chegou ás nubes. Un remuíño levouno moi, moi. moi lonxe e aínda non aterrizou!




1 comentario:

  1. Seguriño que disfrutaron moitísimo co conto. Estaban moi atentos e fixeron uns debuxos preciosos. Unha aperta.

    ResponderEliminar