miércoles, 18 de marzo de 2015

Hoxe rematamos a unidade dos alimentos e para celebralo...

fixemos algo distinto cos alimentos. Os de tres anos fixeron madalenas, os de catro gominolas e os de cinco unha casiña de chocolate. 

Os peques para facelas tiveron que bater como se facía hai moitos anos, a man. Rematado o traballo, Papelote levounas ao forno e puideron comelas na hora da merenda. Como nos sobraron tamén marcharon para a casa coa etiqueta do pastelero que a fixera. Seguro que máis de algún as vai querer facer na súa casa.



Os de catro prepararon gominolas empregando xelatina, azucre e auga. Despois de feita a mezcla e metida nos moldes tocaba deixalas unha horas na neveira. 



Pola tarde rebozámolas en azúcre e personalizamos cada gominola.



Os de cinco, ao ser os maiores tiveron un chisco máis de traballo. Primeiro traballaron coa receita, escribindo os seus ingredientes.



Xa pola tarde puxéronse a traballar empregando todo o necesario. Despois de rematada a casiña tiveron que debuxala na receita. Que merenda máis apetitosa levaron para a casa!



6 comentarios:

  1. Que boísima pinta ten todo! Uhmmm, a próxima vez tereime que pasar pola vosa clase :) Unha aperta.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Xa sabes que ti sempre serás moi ben recibida!!! Date por convidada sempre. Un bico.

      Eliminar
  2. Que pintaza profe!!! que sorte teñen esos peques :) un biko enorme

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. E saben de rechupete! Cambiamos un chisco o menú por algunha intolerancia alimentaria que ti ben coñeces, pero tanto os peques como as profes pasámolo xenial. Un bico e grazas por seguir lembrándote de nós.

      Eliminar
  3. Vaia experiencia máis interesante e saborosa!! Felicitacións por tan bo traballo!!!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Grazas, Dolores. Ti tamén estás convidada. Un bico.

      Eliminar