sábado, 24 de junio de 2017

Ultimo día de curso....merendola e festa da auga.



Chegado o último día de cole quixemos celebralo. Xa pasou un curso e compartimos moitos momentos xuntos ... a mellor maneira de despedilo foi cunha festa na que houbo galletas, 
patacas,pelotazos e gusanitos. De postre, un xeado e, sobre todo, moita música para bailar.




Despois da merendola, fixemos outra festa: "a festa da auga". Dividímonos en grupos e pasamos por cada xogo.
  • Pompas de xabrón.    








  • Pesca de tapas na piscina.






  • Mollámonos co "tiro da exponxa"








  • E o xogo do polbo, que foi un exitazo...o que máis lles gustou.
















Despois de tanta festa, chegou a despedida dos nenos e nenas de cinco anos que marchan para a Uceira. Quedan nos nosos recordos moitas vivenzas convosco e desexámosvos que nesta nova etapa sexades moi, moi felices...




                                                                    Ata sempre!!

                                                                          e

                                                          Boas vacacións a tod@s!!




1 comentario:

  1. Felicitaciones Profes!! Los niños se divirtieron y no olvidarán los hermosos momentos que han pasado con ustedes. De ser posible me gustaría que me expliquen (a lo mejor hay un vídeo)cómo han hecho las burbujas de jabón.
    Beso desde Argentina

    ResponderEliminar