viernes, 15 de septiembre de 2017

CURSO 2017-2018

Damos a benvida a un novo curso escolar, e aproveitamos para recibir cos brazos abertos a tod@s, pero en especial aos peques de 3 que se incorporan a esta familia.
O luns foi un día un chisco difícil, pero pouco a pouco todos foron coñecendo a aula e o cole. Ao longo da semana xa son capaces dunha morea de cousas. Xogar cos xoguetes, colocarnos na alfombra e na fila.
Ó mellor xeito de explicalo e con unhas pouquiñas fotos, que van axudar os papis/mamis a estar un chisco máis tranquil@s.


As nosas cubetas.


Mentres, os de 4 e 5 anos estiveron a traballar nunha ficha sobre as festas que está a celebrar a nosa vila na honra do San Cibrao, nas que a gran atracción é a montaña rusa. Eles fixeron a súa particular e invitaron aos seus amigos a dar unha volta con eles.



LEMBRADE QUE O LUNS NON TEMOS COLE POR SER FESTIVO LOCAL.

No hay comentarios:

Publicar un comentario