miércoles, 20 de junio de 2018

Proxecto dos piratas

Rematamos curso cun proxecto que lles gustou moito aos nenos e nenas. O tema dos piratas é un dos temas que máis lles atrae.
Comezamos inventando os nosos nomes pirata, cada un o que máis lles gustou, outros decantáronse por elixir algún dos propostos polos compañeiros.




               Cada pirata da clase foi quen de debuxarse así mesmo con todos os detalles...







                      Tamén fixemos a nosa pañoleta pirata e  que guapos quedamos...



E algo que moito nos gustou foi convertirnos en auténticos piratas, con sombreiros, pañoletas, pipa, parche, papagaio... buscade, buscade....







Por último, con material reciclado elaboramos o xogo "memo-pirata". Era necesaria ter unha memoria de elefante para saber onde se atopaba cada elemento pirata.




No hay comentarios:

Publicar un comentario