Onte tivemos unha visita especial no cole. Pablo veu contarnos un conto moi especial: "Nube Branca", conto que el mesmo escribiu e que quixo darnos a coñecer.
Moitos dos nenos e nenas xa o coñecían e puideron saber de primeira man os detalles do conto, a elaboración e o argumento contado polo mesmísimo autor.
As mestras queremos agradecer a túa dispoñibilidade para con nós e desexarche moita sorte nesta tarefa de escritor que acabas de comezar. Moitas grazas!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario