lunes, 15 de octubre de 2018

APRENDO A EXPRESARME, APRENDO A QUERERME!

     
   Despois deste mes de adaptación na aula de tres anos, a nosa intervención educativa está orientada a posibilitar que os nosos alumnos e alumnas crezan nun ambiente organizado, que lles faga sentir tranquilos e seguros.
Traballar os sentimentos e emocións dentro da aula mellora a autoconciencia e a confianza dun mesmo, ensina a dominar as emocións e os impulsos e aumenta a empatía e a colaboración entre os alumnos.
 A partir dos 3 anos pode ser empático e mostrar comprensión e preocupación se un compañeiro está triste ou se fixo dano. Esa empatía pode ser emocional cando escoita para comprender o que pasa ou cognitiva cando tenta solucionar o problema.



  Na aula esas emocións e colaboración comezan a manifestarse!



No hay comentarios:

Publicar un comentario