sábado, 13 de octubre de 2018

As mascotas están de volta no cole.

Despois de tantos días de festa na vila, as mascotas tamén estiveron divertíndose e tardaron un pouco en querer voltar ao cole. Pero xa lle ía sendo hora,  os nenos e nenas estaban desexosos por coñecelas.




Na clase de tres años, a mona Peliños chegou ao cole acompañada do seu moniño Peloncho e recibindo moita axuda da fada Picolina. Os nenos e nenas caracterizáronse coma o moniño.





Na clase de catro anos, a súa mascota Patoca é unha foca e cada neno e nena da clase converteuse nun ávido esquimó que terá que aprender moito sobre a vida da súa amiga.





Na clase de cinco anos, recén chegado do deserto, o raposo Poqué vén cargado cun saco de letras, e con elas seguramente pronto aprenderán a ler. Entre todos e todas, axudaron a decorar a mascota.





No hay comentarios:

Publicar un comentario