lunes, 5 de noviembre de 2018

Aproveitando que hoxe era día cinco...

e que tocaba unha ficha donde se traballaba a "decomposición do cinco"...tocaba repasar algúns conceptos e complicalos un pouquichiño máis.

Comezamos traballando na asemblea co protagonista do día: colocando os veciños, representándoo cos seus símbolos e buscando o cinco na nosa táboa-robot do cen.



Logo tocaba tentar conseguir o número cinco de diferentes maneiras: con dúas torres, con tres torres, con catro torres e con cinco torres...Tiveron que poñer a súa cabeza a traballar!



O mesmo coas mans: conseguir cinco dedos, empregando distintas mans.



O noso traballo continuou na pizarra: había que buscar a que casiña pertencía o cinco, facer o reparto para ver se era un número par ou impar e tamén facer o seu crucinúmero.



E rematamos o traballo na pizarra coa casiña do cinco e cun gran sol no que cada quen fixo as súas aportacións...







Agora a ficha do libro era do máis chupado, despois do traballado previamente resultou do máis sinxela.


No hay comentarios:

Publicar un comentario