viernes, 2 de noviembre de 2018

As cabazas chegan ao noso cole. Benvidas!

O equipo de Plurilingüismo do cole propuxo desfrutar do Halloween/Samaín dunha maneira innovadora, baixo o lema "crea a túa cabaza sen cabaza". Para iso contando coa imaxinación dos pais e nais, cada un voluntariamente aportou a súa cabaza con material de refugallo. Un curso máis tocaba poñer as neuronas a funcionar e o resultado foi sorprendente. Grazas pola vosa participación...

Aquí queda unha pequena mostra de todas as cabazas que nos visitaron esta semana.










Tamén ambientamos as portas das aulas coa temática das arañas e algún que outro recuncho do colexio...


     
                                   Algún bicho misterioso apareceu no canalón...grazas!!



Descubrimos o túnel do terror...Todos e todas foron quen de experimentar a sensación de entrar nun túnel misterioso...e despois de experimentar esa sensación, recibiron un agasallo en forma de caramelo. Son uns valientes!!












Tamén nos disfrazamos e maquillamos da maneira que máis nos gustou...estabamos terroríficos...







Nun día tan sinalado tocaba degustar unhas arañas exquisitas preparadas con esmero, para satisfacer as barrigas dos nosos pequenos monstruiños por un día...






Nestes días previos, tamén nos divertimos con xogos nas distintas aulas:
Xogos con arañas, xogos de memoria de cabazas, xogos con tela de araña e moitos máis que fixeron as delicias dos peques. Aquí tendes unha pequena mostra do ben que o pasaron...


                                       Xogo de memoria "memo-samaín"



                                            "Saltando, cantos puntos consigo?"




                 Sumar empregando primeiro o corpo: mans e pés, e despois colocando arañas.



                       Xogamos coas arañas:dentro ou fora da tea de araña,moitas,poucas...

            Tamén traballamos o conto"A araña e mais eu"




Contamos ata 20,  fixemos sumas. Inventamos tamén problemas onde as protagonistas eran as arañas.

E moitos traballiños e fichas que vos mostramos...












No hay comentarios:

Publicar un comentario