martes, 23 de abril de 2019

Día do libro 2019

Hoxe dámoslle un maior protagonismo, aínda que está sempre presente nas nosas vidas. É o xeito máis sinxelo de viaxar, de imaxinar, de aprender, ... Que seríamos nós sen un libro nas nosas mans!

Un libro era o que levaban os peques  hoxe na man para compartir convosco na casa. Un moi especial porque eles eran os autores do mesmo.

O tema dos animales foi o escollido por Patoca para conmemorar este día.





En cinco anos, Poqué decantouse por un libro das adiviñas, pero un libro de adiviñas de contos tradicionais.

Foi un traballo de lectura e comprensión, para poder adiviñar o personaxe ou o conto, pero tamén un traballo de decoración da portada.

Poqué quedou moi contento co resultado final!!





   Na aula dos mais pequenos un novo libro apareceu na aula, así que con outros xa coñecidos, eleximos,picamos,pegamos e elaboramos o traballo que levamos para a casa.




      1,2,3,!a contar cacas! un novo libro para traballar o conteo a partir de hoxe de forma
                                                              divertida.


No hay comentarios:

Publicar un comentario