jueves, 11 de abril de 2019

HAPPY EASTER!



Ovos de pascua, coellos, cestas...iso foi o comezo...
Despois de realizar traballiños na clase, elaboramos entre as aulas un mural para lembrar a importancia da celebración. Unha celebración herdada do mundo anglosaxón, que dende o equipo de plurilingüismo quixeron achegar aos nenos e nenas de infantil.

O primeiro paso...elaboración do noso mural "Easter 2019"








Segundo paso...buscando cada un o seu ovo..A regra fundamental: se encontraban o que fose de outro compañeiro/a non podían dicir nada, chsssss!. Cada un a atopar o seu e colocalo na cesta...

O ovo podía estar en calquera lado: no piso de arriba, no de abaixo, no ximnasio, nas aulas, en calquera recuncho...pero aínda así foron quen de atopalos todiños.












Foi un día dunha gran búsqueda!! Gracias profe Noe por agochar os ovos tan ben!!

BOAS PASCUAS A TOD@S.

No hay comentarios:

Publicar un comentario