viernes, 5 de abril de 2019

GRAFISMO


Na aula de 3 anos esta semana tocou unir as distintas figuras troqueladas no folio,primeiro de arriba a baixo e logo dun lado ao outro.Para continuar decorando duas das casiñas que se formaron.





Outra das sesións consistiu en facer casiñas arredor dos gomets pegados previamente.


       Na última sesión,representamos no folio o que manipulamos anteriormente no chan.

Na clase de catro anos comezamos cun traballo moi simalar pero un chisco máis complexo. Unir círculos no caso das raias verticais e triángulos para as horizontais. Despois fixeron cruces traballando as liñas diagonais e as espirais.


Aproveitando que temos moi cerquiña a Pascua fixeron unhas galiñas moi especiais. A  condición era que cada galiña fora diferente.


E como derradeiro traballo desta semana traballamos o trazo curvo empregando tres cores facendo unha serie.

No hay comentarios:

Publicar un comentario