viernes, 5 de abril de 2019

MARTIÑO E O SEU EQUIPO

Hoxe recibimos unha visita moi coñecida dun contactontos que nos visita todos os anos. Traía un conto "acumulativo" que foi a delicia dos máis peques, porque ademais puideron participar na escenografía.




A través da voz de Iago (o contacontos) puidemos entrar no mundo máxico dun cociñeiro chamado Martiño, cunha misión moi especial: preparar unha torta para o rei, pois estaba de aniversario.
O único problema era que Martiño quería facer unha torta de cenorias e non tiña, porque un coello llas levara.



Así que, tocou buscar as cenorias coa axuda duns veciños que foi encontrando no seu camiño; o pintor do castelo, a carteira da aldea, a cesteira e o apicultor. Desa maneira, Martiño e o seu equipo atoparon as cenorias, que desgraciadamente se converteran na comida duns coelliños. Así que foi necesario cambiar a estratexia, e recoller unhas amoras para facer a torta.



Finalmente, o rei tivo a súa torta o día do seu aniversario, aínda que foi de amoras. E colorín, colorado...Martiño e o seu equipo fixeron un bo traballo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario