lunes, 2 de marzo de 2020

ENTROIDO 2020


SEMANA DE ENTROIDO

O luns comezamos a festexar o entroido no colexio.
 Este ano, o equipo de actividades extraescolares , seguindo a temática "Cine e literatura", propuxo as seguintes ordes do meco:


LUNS

Todos e todas con gorro de director ou directora de cine e televisión camparemos un montón.










MARTES

Pantalón ou saia de estrela de Hollywood, para asinar autógrafos sen parar.









MÉRCORES

Gravata de produtor ou produtora. Moita elegancia. Como mola!









XOVES

Disfrazarémonos libremente. O que nos veña á mente.
Así de elegantes chegamos ao cole.













Despois de presumir e disfrutar cos disfraces chegou a hora de repoñer forzas.


 Ao longo da semana tamén nas aulas fixemos traballos relacionados con esta festa. 










E chegou o día grande.
Todos nerviosos e preparados fomos á Uceira a festexalo co resto do cole.
Que desfile! que emoción! 
Alí estabamos os monstruos de cores naquel mogollón!
Todos alegres, por fin tranquilos e ata  os había namorados!
 Que ben quedou! Pasámolo moi ben. 










No hay comentarios:

Publicar un comentario