martes, 3 de marzo de 2020

Saída ao Auditorio.

Comezamos a semana cunha saída ao Autorio de Ourense para ver a obra O lobo e a lúa. 
Na aldea chamada Prado Azul vai moito frío e por iso deciden poñerlle un gorro á lúa. Coñecemos a os seus habitantes: Nina ( unha tartaruga), Duarte ( un elefante) e Miñau (un gato). Todos eles queren durmir pero hai un lobo que non os deixa. Quere falar coa lúa!!! Para conseguilo vai facer varias cousas: tirarlle pedras, subir a unha escada, saltar nunha cama elástica, pero non o consigue. Á hora de pensar conta coa axuda dun ratiño chamado Mariano. 
Miñau que é o que máis se enfada polo ruído que fai o lobo vaille dar un invento para que fale coa lúa e de paso que o deixe durmir, porque se está enfadando moito. Ten que dar a súa palabra que non o vai contar. Este invento é un globo aerostático ! Con el achégase moi arriba e pídelle que se saque o gorro porque a súa irmá Nora non pode durmir debido a que está moi oscuro. A lúa saca o gorro e a historia remata con final feliz. 










No hay comentarios:

Publicar un comentario