viernes, 13 de noviembre de 2020

    SEMANA DO MAGOSTO


Ao longo desta semana estivemos traballando moitos contidos relacionados co magosto  e tendo como protagonista a castaña.
Empezamos lembrando que esta festa  popular se celebra no mes de novembro, mes das castañas. Aprendemos este refrán:


Vimos o conto " A castaña Catarina " que nos ensinou como unha castaña  chega a convertirse nun castiñeiro.Despois traballamos vocabulario relacionado co tema como  CASTIÑEIRO-SOUTO- OURIZO...e pintamos un souto de castiñeiros.


Tamén vimos o conto " A castaña que rebentou de risa ". Despois experimentamos cos diferentes tonos de marrón facendo un colar de castañas.



Escoitamos a canción  " Tres castañas polo chan". E contamos castañas.Repasamos o número 5 facendo un cucurucho .





Despois repasamos o número 6 e a súa regreta metendo 6 castañas nunha cesta.


Practicamos a suma co número 7 que estamos a traballar.


O día do magosto festexámolo  co ritmo da canción " Vive o magosto" e comendo bolos preñados. Que ricos estaban!




E marchamos para casa todos elegantes coa medalla de castaña que fixemos!




















No hay comentarios:

Publicar un comentario