jueves, 12 de noviembre de 2020

Tempo de Magosto

Onte foi o día de San Martiño e como sempre a gran protagonista deste día foi a castaña. Ela estivo presente en moitas actividades da aula. 
Para poder facer o magosto é necesario apañar castañas e recollelas en cestas. Así o fixemos, gardando unha castaña, poucas e moitas. 



Tamén as contamos, colocando nos platos tantas como nos indicaban as etiquetas. 


Pintamos con acuarela para  ambientar a nosa aula.



Merendamos bolos preñados. Quedan pendentes para o ano que ven as castañas. 


E marchamos para a casa co colar que fixemos. 



No hay comentarios:

Publicar un comentario