viernes, 6 de noviembre de 2020

   SEMANA DO SAMAÍN

Na clase  de 5 anos estivemos realizando ao longo da semana varias actividades relacionadas coa festa do Samaín.
Comezamos escoitando e bailando cancións de bruxas e esqueletos. As nosas preferidas foron a canción "La bruja loca" e " O baile do esqueleto ". Despois fixemos estas actividades empregando diferentes materiais e técnicas plásticas.






Despois vimos o conto musicado " Corre, corre, cabaciña " e aprendemos a identificar a palabra  CABAZA decorando unha de cor laranxa.
Tamén coñecemos a palabra PANTASMA  picando unha moi chula.Velaquí algunhas:




Ademais fixemos unha máscara coa profe Marta que despois levamos á casa. Estabamos irrecoñecibles!






O venres viñemos vestidos ao cole cuns traxes que metían medo!


















Que ben o pasamos!!



No hay comentarios:

Publicar un comentario