Mostrando entradas con la etiqueta curso2016/17. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta curso2016/17. Mostrar todas las entradas

miércoles, 10 de mayo de 2017

A inicial do noso nome de forma divertida...

Na clase de tres andamos a voltas co noso nome...e para facelo máis divertido decoramos a nosa inicial empregando útiles moi habituales nas casas: xeringas e contagotas. Logo esperamos a que secara, despegamos a inicial ...o resultado foi do máis vistoso.












E para completar a actividade tocou despois un xogo con globos. Cada globo cunha inicial... cada nen@ o seu globo tivo que cazar... na procura da súa letra. Pasárono xenial!




miércoles, 19 de abril de 2017

Á volta de vacacións...comezamos co recortado.

Na aula de tres comezamos a practicar cun novo material: as tesoiras. Aprendemos a colocar ben os dedos e, ¡sorpresa!, se as abrimos e pechamos somos capaces de recortar un fermoso sol...que logo colocamos na nosa ficha para adornar a aula coa chegada da primavera.
Seguiremos practicando coas tesoiras e conseguindo facer cousas divertidas.








Tamén adornamos a aula cunhas coloridas bolboretas que fixemos coas nosas mans.



E ata a nosa amiga Pepa cambiou as súas roupas invernais por unha roupa máis colorida e propia da estación na que nos atopamos.


domingo, 12 de marzo de 2017

Semana da prensa.

Esta semana estivemos de dobre celebración...e tamén tocou traballar coa prensa na escola. Como os máis peques do cole xa comezan a coñecer as letras do seu nome, tocou buscar en xornais e revistas cada un as súas letras para compor o nome. Ollade que ben o fixeron!



Outro día tocou traballar coas imaxes. Primeiro cada un elixiu a que máis lle gustou e comentouna. Posteriormente cortámola en anacos e compuxérona coma se de un puzzle se tratara.



Un dos xogos que máis lles gustou esta semana foi o de compor o seu nome. Están feitos todos uns "expertos" na materia. Aquí vos deixamos as súas primeiras "rúbricas".



sábado, 14 de enero de 2017

Comezamos o segundo trimestre...traballando co 2


Os peques de tres anos comezan o trimestre iniciándose no número dous. Primero vivenciaron o número bailando e agrupándose por parellas; logo traballaron a cantidade coa plastilina facendo dúas bolas e por último realizaron a ficha do número dous.
Acabamos de comezar a traballar con este novo número, pero son todos uns campións!!