domingo, 23 de diciembre de 2018

FESTIVAL DE NADAL 2018.

Rematado o primeiro trimestre do curso quixemos celebralo con todas as familias. Para iso adornamos as estancias da Casa da Cultura e preparámonos para actuar.



Comezamos visionando un vídeo elaborado con fotos onde os peques estaban peculiarmente adornados: con lentes de reno, árbore de Nadal, boneco de neve...todos e todas estaban guapísimos.









Logo comezamos coas actuacións.
Primeiro tocoulles o turno aos nenos e nenas de cinco anos que contaron e dramatizaron con títeres o conto "El muñeco de jengibre".










A continuación, os nenos e nenas de catro anos bailaron a ritmo de twist...










Os peques de tres bailaron con marcha a canción "A casa da miña avoa", cada un caracterizado dun animal.













E todos conxuntamente, cantamos un clásico nas nosas aulas de Nadal: a panxoliña "Tres pastelitos".

Este ano incorporamos na nosa actuación unha panxoliña de Nadal "Ala, ola, ala" que ademais de cantar, a signamos con algúns xestos da linguaxe de signos.












E algúns vídeos das actuacións para que queden nas lembranzas...




Grazas pola vosa presenza neste día tan especial para os peques. Desexarvos que pasedes BO  NADAL  e que a maxia da comunicación reine para todos no ano 2019.



No hay comentarios:

Publicar un comentario