jueves, 10 de enero de 2019

MERENDOLA DE NADAL CUNS MASTER CHEF ESPECIAIS.

Último día de clase do primeiro trimestre...unha sorpresa agardaba aos peques do cole.
 Era un día de festa que se converteu en algo especial, xa que eles foron os encargados de preparar o menú. 

Aguisados sen envidiar a ningún chef, todos se converteron en chefs por un día e encantoulles participar na elaboración dos seus "menús infantís".


Primeiro elaboraron os seus bonecos de neve que logo levarían para casa como lembranza deste día de festa. 
Así comezou a "Primeira Edición CS Infantil Master Chef".













A continuación, os nosos ávidos chefs prepararon unhas deliciosas piruletas de Nadal. Un segundo prato que pouco durou nas mans de todos...estaban boísimas!!


















E rematamos a festa con zumes, patatas, gusanitos e pelotazos.











No hay comentarios:

Publicar un comentario