domingo, 3 de febrero de 2019

CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ

TRINTA DE XANEIRO, DÍA INTERNACIONAL DA PAZ.

Durante estas semanas fomos ambientando e preparando o cole para este día. 

Dende o Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares propuxeron a decoración dunha man que todos os nenos e nenas levaron para a casa, e que voltaron cheas de orixinalidade e cor para formar parte da nosa árbore da paz.
Tamén elaboramos nubes coa palabra paz en distintos idiomas para completar a decoración da árbore.







Durante estes días fomos ensaiando e preparando a canción coa que celebrariamos este día:
a canción "Que bonito!" de Soraya.



Tamén fixemos moitos traballos relativos a este tema nas distintas aulas.









Na aula dos maiores do cole, decoramos as palabras paz en diferentes idiomas con distintas técnicas. Posteriormente, a nosa ficha de palabras de paz converteuse nunha bandeira colorida.








Durante ese día, visualizamos o conto "El hombrecillo de papel" reflexionando sobre os valores que nos transmitía...



E logo, tod@s tentaron crear o seu propio amigo: o seu homiño de papel.





E chegado o día da celebración formamos un arco da vella con diferentes paus de cores e todos xuntos cantamos e bailamos a canción proposta para este día.





Os maiores do cole foron quen de interpretar un poema de Neira Vilas cuxo tema principal era a paz. Foron actores e actrices por un día e encantoulles a experiencia, que seguro repetiremos. Nas súas voces queda a esencia da paz...




1 comentario: