Mostrando entradas con la etiqueta dia da paz. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta dia da paz. Mostrar todas las entradas

domingo, 3 de febrero de 2019

CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ

TRINTA DE XANEIRO, DÍA INTERNACIONAL DA PAZ.

Durante estas semanas fomos ambientando e preparando o cole para este día. 

Dende o Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares propuxeron a decoración dunha man que todos os nenos e nenas levaron para a casa, e que voltaron cheas de orixinalidade e cor para formar parte da nosa árbore da paz.
Tamén elaboramos nubes coa palabra paz en distintos idiomas para completar a decoración da árbore.







Durante estes días fomos ensaiando e preparando a canción coa que celebrariamos este día:
a canción "Que bonito!" de Soraya.



Tamén fixemos moitos traballos relativos a este tema nas distintas aulas.









Na aula dos maiores do cole, decoramos as palabras paz en diferentes idiomas con distintas técnicas. Posteriormente, a nosa ficha de palabras de paz converteuse nunha bandeira colorida.








Durante ese día, visualizamos o conto "El hombrecillo de papel" reflexionando sobre os valores que nos transmitía...



E logo, tod@s tentaron crear o seu propio amigo: o seu homiño de papel.





E chegado o día da celebración formamos un arco da vella con diferentes paus de cores e todos xuntos cantamos e bailamos a canción proposta para este día.





Os maiores do cole foron quen de interpretar un poema de Neira Vilas cuxo tema principal era a paz. Foron actores e actrices por un día e encantoulles a experiencia, que seguro repetiremos. Nas súas voces queda a esencia da paz...




lunes, 30 de enero de 2017

Trinta de xaneiro, día da paz..........."baixo o mesmo sol"

Hoxe tocou celebrar no cole o día da paz. O Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares propuxo que cada familia decorase unha viseira ou gorro con motivos da paz.
Moi guapos coas nosas viseiras postas xuntámonos na aula de psicomotricidade para cantar a canción de Álvaro Soler titulada "Bajo el mismo sol". Ademais, fixemos traballiños na aula e en equipo.
Agradecer tamén ás familias todo o esforzo adicado para que os nenos e nenas puidesen lucir unhas viseiras que piden... PAZ.





























viernes, 29 de enero de 2016

FELIZ DÍA DA PAZ.

Fantástica mañá para celebrar un Día tan especial. Os protagonistas este ano xunto cos peques os zapatos e zapatillas que con axuda dos papis e mamis chegaron ao cole. Con todos eles construimos a palabra paz, sen importar a cor, o tamaño, ... Todo pola paz!!!!








Neste día  como tamén remataba o mes celebraron o seu cumple dúas peques. Na clase de 4 anos YOANA e na clase de 5 anos JULIA. Tamén estaba  hoxe unha profe de cumple, a profe Conchi e os peques tamén lle desexaron moitas felicidades e moitos bicos. 





miércoles, 27 de enero de 2016

Traballos sobre A PAZ.

Este ano desde Convivencia e para celebrar o DÍA DA PAZ cada familia podía decorar un zapato ou unha zapatilla con motivos, palabras e símbolos que representan esta palabra tan pequena, pero grande en significado: PAZ.
Todos os traballos están á espera de que chegue o venres para celebralo como se merece. Mirade que bonitos son!!!!




Tamén nas aulas se están a facer traballos.


E xa temos a nosa ficha preparada para facer.


E ademais estamos a aprender a canción de Juanes PAZ, PAZ, PAZ.



viernes, 30 de enero de 2015

ASÍ QUEDARON AS NOSAS CAMISETAS!




E que mellor día de celebrar os primeiros cumples do ano!!!! Na clase de 3 anos non houbo festa porque YOANA está enferma e esperamos a súa volta para celebralo. Si que o fixeron na clase de 4 anos JULIA e na de 5 anos ADRIÁN, IRIA E ALFONSO. Moitísimas felicidadessssss!


FELIZ DÍA DA PAZ!

Este ano no noso cole as grandes protagonistas neste día son as mans. Mans que poden acariñar, abrazar, axudar,....  Presentes no mural, nas nosas camisetas e tamén na canción coa que traballamos este ano, que no vídeo aparecen ilustradas por unha clase de segundo de primaria.


Cada clase decorou unha camiseta, polo que temos o cole cheíños de mensaxes que reflexan a importancia do significado da palabra paz. Foi un traballo en equipo no que cada un fixo un chisco conseguindo un resultado xenial .