Mostrando entradas con la etiqueta conmemoracions. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta conmemoracions. Mostrar todas las entradas

viernes, 8 de marzo de 2019

8 de marzo pola igualdade.



Hoxe en todas as nosas aulas traballamos coma sempre a igualdade. 

Os peques de catro traballaron co conto  " MONSTRUO ROSA".



Valoramos a importancia  dos amigos e das cores. Todos somos diferentes pero iguais á hora de ser felices, de dar apertas, bicos, ... Que  preferides un mundo branco ou un de cores ??




Nas aulas de tres e de cinco tamén o pasaron moi ben escoitando o conto dunhas princesas...
















domingo, 3 de febrero de 2019

CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ

TRINTA DE XANEIRO, DÍA INTERNACIONAL DA PAZ.

Durante estas semanas fomos ambientando e preparando o cole para este día. 

Dende o Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares propuxeron a decoración dunha man que todos os nenos e nenas levaron para a casa, e que voltaron cheas de orixinalidade e cor para formar parte da nosa árbore da paz.
Tamén elaboramos nubes coa palabra paz en distintos idiomas para completar a decoración da árbore.







Durante estes días fomos ensaiando e preparando a canción coa que celebrariamos este día:
a canción "Que bonito!" de Soraya.



Tamén fixemos moitos traballos relativos a este tema nas distintas aulas.









Na aula dos maiores do cole, decoramos as palabras paz en diferentes idiomas con distintas técnicas. Posteriormente, a nosa ficha de palabras de paz converteuse nunha bandeira colorida.








Durante ese día, visualizamos o conto "El hombrecillo de papel" reflexionando sobre os valores que nos transmitía...



E logo, tod@s tentaron crear o seu propio amigo: o seu homiño de papel.





E chegado o día da celebración formamos un arco da vella con diferentes paus de cores e todos xuntos cantamos e bailamos a canción proposta para este día.





Os maiores do cole foron quen de interpretar un poema de Neira Vilas cuxo tema principal era a paz. Foron actores e actrices por un día e encantoulles a experiencia, que seguro repetiremos. Nas súas voces queda a esencia da paz...




domingo, 9 de diciembre de 2018

Celebramos o 6 de decembro.

Esta semana estivemos aproximando aos peques dunha forma lúdica á Constitución. En cada clase se elaboraron traballiños para conmemorar este día.
Todos lle desexamos un feliz aniversario e que siga cumprido moitos máis!









lunes, 26 de noviembre de 2018

Conmemorando o 25 de novembro.

Aínda que onte foi oficialmente o Día Internacional contra a Violencia de Xénero, nós quixemos tamén sumarnos á súa celebración.

Celebrámolo confeccionando un lazo morado moi especial. Con distintos ingredientes que todos podemos ter na casa, fixemos unha masa semellante a plastilina, e logo os nenos e nenas modelaron cada un o seu lazo.







Tamén nas distintas aulas se fixeron traballos e se escoitaron cancións e contos aludindo a este día tan significativo onde todos queremos dicir NON.







E encantounos a canción "Rozalén" que interpretaron os alumnos e alumnas do CEIP de Atios.














             
             "EDUCA HOXE,SALVA VIDAS MAÑÁ"

martes, 20 de noviembre de 2018

Día 20 de novembro...

DIA INTERNACIONAL DOS NENOS E NENAS.

E nun día tan especial.....

Neste día aprendemos unha poesía e ilustrámola cun debuxo.



 Tamén visualizamos un conto que nos deu moito que pensar..."O neno xigante" que nos invita a reflexionar sobre os dereitos dos nenos e nenas. Cada un sacou as súas propias conclusións.



Se nós fosemos un "neno xigante" coma o do conto, que faríamos?...
"Eu non lle faría caso", "eu durmiría", "eu diría que non quero", "eu non traballaría", "eu marcharía para casa", "eu pasearía", "eu marcharía xogar cos nenos"... Boas solucións que se lle ocorreron...


E como Neno e Nena comezan polo n que mellor maneira de celebrar este día coñecendo o conto e a historia das letras n e ñ...e entrenarse coa súa grafía.

Seguindo as pegadas dos maiores tamén traballamos este día . Fixemos un debuxo noso a carón doutros nenos e escoitamos e cantamos unha canción.


martes, 24 de abril de 2018

Conmemoramos o día do libro.

Como cada vintetres de abril, os libros están de festa...así que traballamos na aula empregándoos como referencia.

Cada clase á súa maneira festexou o día do libro e aquí tendes o resultado...

Na clase de tres anos





Na clase de catro anos elaboramos un libro de adiviñas de animais e fixemos un nen@ lendo.





Na clase de cinco estiveron na pequena biblioteca que temos e despois de escoitar un conto estiveron disfrutando da sua elección.Tamén elaboraron o seu libro de adiviñas.













Pero aínda nos queda moito por ensinar, xa que aínda que hoxe foi o día do libro, a semana do libro remata o 27 de abril. 

                               Sorpresas mil, nos quedan por descubrir!!

lunes, 12 de marzo de 2018

Do 5 ao 9 de marzo...

foi a semana de prensa. Aquí vos deixamos a nosa aportación e traballo...

Os mandilóns vermellos traballaron o positivo e o negativo.........

 
Cada un fixo o seu xornal personalizado: nome e debuxo.

E como andamos de visita pola selva fixemos un collage dunha xirafa con papel de xornal que despois pintamos con cera e fixemos manchas co pincel.



Os mandilóns verdes aproveitando que empezaron co proxecto do polo norte compuxeron a palabra iglú con letras de xornais e debuxaron un iglú no xornal.




Os mandilóns laranxas estiveron a buscar  noticias.



Prepararon entre todos o taboleiro das boas noticias!




Tamen fixeron unha chuvia de letras neste traballo.




Hoxe tocou buscar no xornal unha noticia que acontecera no Carballiño
.