jueves, 11 de abril de 2019

Antes das vacacións algúns traballiños de pascua.



Primeiro traballo: vestir aos nosos coelliños cun madilóns coma o noso.
Para que non estivese só,  acompañalo de tres oviños feitos con témperas e con patacas.





        Os mandilóns verdes como están a punto de deixar os seus mandilóns decantáronse polos puntos...



Segundo repasar un ovo, decorar outro e debuxar un coello. Canta variedade!!!!






Na aula de 3 anos decoraron un ovo coloreando e pegando figuras troqueladas e estampando o fondo             



Seguindo co  grafismo decoramos un coello pero con moitos, moitos trazos.





E outro tamén decorando as pezas dun quebracabezas que despois montamos.



Na aula de cinco o coello tamén foi o protagonista...




Tamén houbo tempo para ovos onde se traballou o grafismo.




E moitos, moitos coellos deseñaron, a cada un máis bonito!!




     Os mais pequenos remataron o  grafismo deste trimeste facendo un niño para un paxariño




E como non podíamos deixar de lado aos números colocamos os ovos nunha cesta. Quedou moi chea con 10 ovos.
E para rematar traballamos coa recta numérica e riscamos os ovos intrusos.




Tamén fixemos a "cestiña do trinta", asemellando á casiña do trinta...Así repasamos as familias.



Como traballo final os peques tentaron relaxarse coa cor verde, para iso colorearon con canicas o fondo e despois pegaron círculos vermellos para rematar a paisaxe.








No hay comentarios:

Publicar un comentario