Mostrando entradas con la etiqueta Pascua. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Pascua. Mostrar todas las entradas

jueves, 11 de abril de 2019

HAPPY EASTER!



Ovos de pascua, coellos, cestas...iso foi o comezo...
Despois de realizar traballiños na clase, elaboramos entre as aulas un mural para lembrar a importancia da celebración. Unha celebración herdada do mundo anglosaxón, que dende o equipo de plurilingüismo quixeron achegar aos nenos e nenas de infantil.

O primeiro paso...elaboración do noso mural "Easter 2019"








Segundo paso...buscando cada un o seu ovo..A regra fundamental: se encontraban o que fose de outro compañeiro/a non podían dicir nada, chsssss!. Cada un a atopar o seu e colocalo na cesta...

O ovo podía estar en calquera lado: no piso de arriba, no de abaixo, no ximnasio, nas aulas, en calquera recuncho...pero aínda así foron quen de atopalos todiños.












Foi un día dunha gran búsqueda!! Gracias profe Noe por agochar os ovos tan ben!!

BOAS PASCUAS A TOD@S.

Antes das vacacións algúns traballiños de pascua.



Primeiro traballo: vestir aos nosos coelliños cun madilóns coma o noso.
Para que non estivese só,  acompañalo de tres oviños feitos con témperas e con patacas.





        Os mandilóns verdes como están a punto de deixar os seus mandilóns decantáronse polos puntos...



Segundo repasar un ovo, decorar outro e debuxar un coello. Canta variedade!!!!






Na aula de 3 anos decoraron un ovo coloreando e pegando figuras troqueladas e estampando o fondo             



Seguindo co  grafismo decoramos un coello pero con moitos, moitos trazos.





E outro tamén decorando as pezas dun quebracabezas que despois montamos.



Na aula de cinco o coello tamén foi o protagonista...




Tamén houbo tempo para ovos onde se traballou o grafismo.




E moitos, moitos coellos deseñaron, a cada un máis bonito!!




     Os mais pequenos remataron o  grafismo deste trimeste facendo un niño para un paxariño




E como non podíamos deixar de lado aos números colocamos os ovos nunha cesta. Quedou moi chea con 10 ovos.
E para rematar traballamos coa recta numérica e riscamos os ovos intrusos.




Tamén fixemos a "cestiña do trinta", asemellando á casiña do trinta...Así repasamos as familias.



Como traballo final os peques tentaron relaxarse coa cor verde, para iso colorearon con canicas o fondo e despois pegaron círculos vermellos para rematar a paisaxe.








jueves, 29 de marzo de 2018

Felices Pascuas...



A última semana do trimestre adicamos a preparar os nosos ovos de Pascua para levar para a casa. 
Eran uns ovos simbólicos, pero fixo moita ilusión porque as vacacións estaban a piques de chegar.

                   En tres e catro usaron as patacas para dar formas divertidas de Pascua.
















          Na aula de 5 tocou facer coenllos, uns estampando o fondo e outros pintando, recortando e   logo xuntando todas as partes.









                                    Con todos os nosos desexos para estas vacacións.



jueves, 17 de marzo de 2016

Traballos de Pascua.

Para facelos empregamos todo tipo de técnicas: o picado, o pintado, o recortado, o dobrado e no caso dos máis peques fixeron un ovo de chocolate empregando nocilla. Todos chegarán mañá ás casas para desexarvos a tod@s unhas moi FELICES PASCUAS!!!!








jueves, 26 de marzo de 2015

Para celebrar ...

O Día da Árbore e da Auga todo o cole plantou unha árbore e recibiron un conto os de 5 anos de Educación Infantil titulado A PALABRA MÁXICA. Tiñan que buscarlle un nome e despois de moito pensar chamárono MICHOCO.


Tratamos de concienciarnos da importancia das árbores e da auga na nosa vida e na das plantas, nunha nova estación que con unha gran cantidade de mimos fixo que o cole esté cheíño de flores agora que estamos a piques de rematar o trimeste. Están feitas con alcachofas, tenedores, cos dedos, con tapas... todo vale e os resultados aquí os tedes.
3 anos



4 anos 


5 anos

E aproveitamos un traballiño de Pascua dos peques para desexarvos a todos unhas Felices Pascuas.



MAÑÁ A ENTREGA DE NOTAS É NO HORARIO DE TODOS OS VENRES: 10:15 A 13:15.